Autor/a
Carlos Da Aira
Carlos Da Aira (Elgoibar, Gipuzkoa, 1972) dirixe en Allariz desde 2014 o festival de poesía Poemagosto, así como o roteiro Ponme un poema. A súa obra recibiu diversos premios, entre os que destacan o Poetry Slam Vigo (2015), Slam Poetry do Festival Alguén que respira (2018), o Premio Cidade de Ourense de Poesía (2018) ou o Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey (2019). Publicou os libros "Corpo a corpo" (2018),
"Pólvora. Tipos, recomendacións, consellos e advertencias para un tempo de poesía" (2018), "Prender os fachos, compoñer os ósos" (2019) e "A guerra era contra nós" (Xerais, 2020).