Carlos Taboada (Pontevedra, 1979-2025). Ilustrador, publicista, escritor e sobre todo lector. En 2008 fundou xunto a Enrique Mauricio o colectivo de actividades creativas Polo Correo do Vento a partir da colección de libros do mesmo nome. Esta colección consta de sete volumes dirixidos ao público infantil e foi publicada por Edicións Xerais de Galicia ese mesmo ano. Dende entón, a través de Polo Correo do Vento, levou a cabo numerosos traballos de ilustración, publicidade, creación audiovisual e diversas publicacións infantís. Dedicouse á realización de actividades de animación á lectura, obradoiros de ilustración e á creación de historias. «A biblioteca de Pedrarcana» (Xerais, 2018) foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. Con «O caderno de Roque» (Xerais, 2024) volve quedar finalista deste premio.
Libros de Carlos Taboada
O caderno de Roque
A biblioteca de Pedrarcana
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos