Autor/a
Carlos Taibo
Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política e da Administración na
Universidade Autónoma de Madrid, onde tamén ten dirixido o programa
de estudos rusos do Instituto de Socioloxía das Novas Tecnoloxías.
Ten publicado unha dúcia de libros en galego-portugués: 'O castelo de
fogos. Nove ensaios sobre o porvir da Europa do Leste' (Novo Século,
Íria Flávia, 1991), 'Europa sen folgos' (Sotelo Blanco, Santiago,
1994), 'A nova desorde internacional' (Abrente, Santiago, 1998), 'Un
novo Terceiro Mundo?' (Ludus, A Coruña, 1999), 'A desintegración de
Iugoslavia' (Xerais, 2000), 'Imperio norteamericano e
capitalismo global' (3c3, Santa Comba, 2003), 'A guerra santa, e
petroleira, de Bush filho' (Ateneo, Pontevedra, 2003), 'Os movementos
de resistencia fronte á globalización capitalista' (Xerais, Vigo,
2005), 'Miserias da globalización capitalista' (Abrente, Santiago,
2006), 'Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional'
(Xerais, Vigo, 2008), 'Parecia não pisar o chão. Treze ensaios sobre
as vidas de Fernando Pessoa' (AGAL, Ourense, 2010) e 'Decrescimento,
crise, capitalismo' (Estaleiro, Santiago, 2010).