Autor/a
Claudio Pérez Díaz
J. Claudio Pérez Díaz naceu en Castropol (Asturias) e, aínda que viviu en Santiago de Compostela, Dallas (EEUU) e Madrid, séguese sentindo castropolense de corazón. Entre 1966 e 1971 estudou o bacharelato no colexio Minerva e a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Unha vez licenciado, trasladouse a Madrid para realizar no CSIC a súa tese doutoral en Medicina. De 1977 a 1980 traballou no programa de Bioloxía Molecular da Universidade de Texas en Dallas UTD cunha bolsa do National Institute of Health (NIH). Desde o seu regreso a España e durante máis de trinta anos traballou no servizo de microbioloxía do Hospital Ramón y Cajal de Madrid, dedicado á investigación en xenética molecular microbiana. Participou en congresos nacionais e internacionais e publicou máis de sesenta artigos científicos en revistas internacionais de primeiro nivel. Desde a súa xubilación dedicouse ás súas dos paixóns: a pintura e a literatura. Esta homenaxe aos irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto é o seu primeiro libro publicado.