Autor/a
Colectivo Maiakovski
O Colectivo Maiakovski oponse ao poeta como epítome do individual. Non hai egos que reclamen a súa escrita, senón un fluír de voces que desemboca noutras voces, creando un magma creativo que abrolla reciprocamente. Como colectivo, non reflexiona sobre o resultado do texto, senón que incide na colectividade. A persoa lectora é quen asume o protagonismo final, sendo a creadora do sentido do poema. Con liberdade e subxectividade total, porque a poesía é a acción de entregar o que non lle pertence a ninguén. O incontrolable. A beizón.