Autor/a
Daniel Ameixeiro
Daniel Ameixeiro (O Grove, 1962 - Madrid,2021) é enxeñeiro de Telecomunicacións e dende 1982 reside en Madrid, cidade onde traballa. En 1999 publicou Bonifacio foi a palacio, a súa primeira incursión na literatura infantil e xuvenil, á que seguiron Xan e Pericán (Xerais, 2004), que foi finalista do premio Merlín; A tenda de antigüidades (2004); Vila Cerdeira (2005); O capitán da baía (2005); Piratas, bruxas e outros amigos (2007) e O caderno vermello (2009). Ramón Piñeiro. Os días ocultos (Xerais 2009) é a súa primeira novela. Á parte da súa afección pola literatura, Daniel Ameixeiro está moi interesado na lingüística; leva bastantes anos traballando nunha recolleita fraseolóxica que ten case rematada.