Autor/a
Elisabete Ramos
Elisabete Pais de Jesus Ramos (París, 1976), licenciada en Lingüística e en Formación Educacional pola Universidade de Lisboa, foi profesora de Lingua Portuguesa na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo durante 7 anos. Traduciu, entre outros, Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza ao portugués e conta con máis de un cento de obras traducidas ou revisadas. Como investigadora fixo o Traballo de Investigación Tutelado (TIT) sobre "A diferenza de xénero nos substantivos do portugués e do galego". Neste momento é profesora de español en Portugal e a súa investigación xira arredor do ensino/aprendizaxe de segundas linguas. É autora de Portugalizar. Curso de portugués para galegofalantes (Xerais 2006).