Autor/a
Fernando Ramallo
FERNANDO RAMALLO (Vigo, 1965) é catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo. Foi membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa (2013-2019) e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2018-2022). Dedica parte da súa investigación á comprender ás relacións lingua-política-sociedade, tomando como eixo os procesos de (des)minoración lingüística e as súas consecuencias sociais, políticas, legais e lingüísticas. Nos últimos anos, centrouse no estudo do neofalantismo; en concreto, na relevancia dos seus suxeitos na transformación da orde sociolingüística, incluída a revitalización da lingua galega.