Autor/a
Fernando Saco Pérez
J. Fernando Saco Pérez (O Saviñao, 1959) é enxeñeiro civil pola Universidade Politécnica de Madrid e licenciado en Matemáticas, especialidade de Estatística e Investigación Operativa, pola UNED.
Exerceu como enxeñeiro asistente na construción do Metro de Caracas, entre 1982 e 1983 e, a partir de 1985, foi profesor e catedrático de matemáticas no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, onde tamén exerceu como xefe de estudos e director.
Así mesmo, foi o presidente do Comité Organizador do IV Congreso de ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia), celebrado nese mesmo Instituto, en 1991.
É autor dos libro «Os irmáns Saco ou a loita galeguista baixo o franquismo» (2006) e "As matemáticas máis sorprendentes" (Xerais, 2024).