Autor/a
Gonzalo Amoedo López
Gonzalo Amoedo López (Redondela, 1959) é autor ou, nalgúns casos, coautor das seguintes obras: A Prensa en Redondela, aproximación histórica 1883-1933 (Xerais, 2001); Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo (2002); Arredor de nós. Historia da Policía Local de Redondela 1863-2000 (2003); A taberna de Nador (2004); Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista (2006); Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón (Xerais, 2007).
Ademais publicou os estudos "Don Juan Manuel Pereira de Castro, paralelismos con don Juan Manuel de Montenegro" (na revista de estudos valleinclanianos Cuadrante, 2001) e "As illas de San Simón" nas Actas do IIº Congreso da Memoria, Culleredo (2006).
No ámbito da ficción escribiu os relatos "Unha historia que ninguén contara", en Palabra por palabra. Contos da policía (2003) e "O autobús sempre para en Teis" na colección Relatos da paisaxe (2009).
Así mesmo, escribiu o guión do documental dirixido por Cuchi Carreira Manolo Barros, un rebelde de aceiro (2007).