Autor/a
Goretti Sanmartín Rei
Goretti Sanmartín Rei é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña e formou parte durante dous anos, da Comisión de Seguimento e Impulso do Plan xeral de normalización da lingua galega. Para alén do seu achegamento á funcionalidade dos prólogos nun contexto de contacto de linguas como o galego, realizou diversas contribucións ao estudo da etapa das Irmandades e moi especialmente á figura de Ramón Vilar Ponte, ao seu constante compromiso coa lingua como elemento vertebrador da idea de Galicia e á súa influencia na conformación do pensamento nacionalista. Participou igualmente en diferentes proxectos que, desde unha perspectiva histórica ou contemporánea, pretendían incidir na restauración dun modelo de lingua galega de calidade desde unha óptica que integra e acrecenta como un valor fundamental para o noso coñecemento lingüístico a lingua literaria.