Autor/a
Héctor Pena Taboada
Héctor Pena (Santiago de Compostela, 1985) é xornalista, historiador e doutorando en Turismo Deportivo na Universidade de Vigo. Coruñés de adopción, viuse fascinado desde a súa primeira infancia polo fútbol, en particular, e polo deporte, en xeral, unha paixón que plasma cada día en forma de letras e palabras nas páxinas de "Nós Diario" desde o primeiro número do xornal, lanzado o 2 de xaneiro de 2020. Antes, escribiu e colaborou en medios como "DXT Campeón", "O Dez" ou "Xornal de Galicia", ao mesmo tempo que participaba en volumes colectivos con textos como "FET y de las JONS: Deporte, mujer e identidades (1939-1959)", "El telégrafo que nos trajo el fútbol" ou escribía libros como "Historia del Trofeo Teresa Herrera" (2015) e "Os Nosos: futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo" (2017). En 2021 comisariou a exposición de Vía Galega "Galiza, un pobo, unha selección", a maior mostra sobre deporte galego até o momento, escribindo ademais o guión do documental e dirixindo a revista e o xornal homónimo.
"A pioneira" (Xerais 2023) é a súa primera novela na colección Fóra de Xogo.