Autor/a
Ignacio Silva
José Ignacio Silva Regueira (Carballo, 1978) é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Ten recibido diversos premios polo seu labor como narrador. En 2006 obtivo o primeiro Premio GZcrea, na modalidade de relato, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, por «Alén dos sentidos» (texto publicado no volume colectivo GZcrea 2006 de Edicións Laiovento). Con «Catro esquinas» gañou o Premio Ourense de Contos para a Mocidade 2008, convocado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense. O seu relato «Tic-Tac» foi segundo premio do Certame Os Viadutos 2008, convocado pola concellaría de Xuventude de Redondela. Tamén, en 2008, gañou a sétima edición do Certame Literario Valle Inclán, convocado na Pobra do Caramiñal pola Asociación de Amigos do Museo Valle Inclán, coa novela Cela aberta. Xa en 2009 resultou gañador do II Premio de Novela Curta Cidade Centenaria, convocado polo concello de Riveira, por Vertixes e do II Premio de Micronovela Concello de Soutomaior por Escintileos. Con Cara B, que reúne as súas tres novelas pemiadas, debuta na colección Xerais Narrativa.