Autor/a
Inma López Silva
Inma López Silva (Santiago de Compostela 1978), licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago. Investigadora e crítica teatral, colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. É ademais, membro do consello de redacción de Dorna.
Como narradora resultou premiada en diversos certames literarios dende moi nova (Manuel Lueiro Rei, Modesto Figueiredo...). É autora das novelas Neve en abril (1996), Premio Rúa Nova e Concubinas (Xerais 2002), Premio Xerais de novela. Publicou ademais o libro de relatos Rosas, corvos e cancións (2000) e participou co relato "Caso Torneiro: 1898-1975" no libro Narradoras (Xerais 2000).