Autor/a
Jack London
Jack London naceu en San Francisco no ano 1876 e morreu en Hawai en 1916. Esta curta vida, que produciu máis de cincuenta libros, pódese resumir no que el mesmo dixera poucos anos antes de morrer: «prefiro ser un espléndido meteoro, cada un dos meus átomos brillando con escintilante fulgor, ca un planeta permanente e durmido».