Autor/a
José Malvárez Carleos
José Malvárez Carleos (A Coruña, 1985) é un autor e ilustrador, formado na UDC, onde cursou Comunicación Audiovisual, e na escola de BD O Garaxe Hermético, onde colaborou nos libros «A vila dos debuxantes do norte» e «221BD». Participou en campañas publicitarias e é autor de varios títulos autoeditados. En Xerais, publica en 2023 a banda deseñada «Incoloro. A profecía dos sangues». Pódese seguir o seu traballo en www.malvarez.art ou en @malvarezart.