Autor/a
José Mondelo
José Mondelo (Peites, Lugo), escritor atípico e iconoclasta, deuse a coñecer co libro «Un pequeno favor e outras historias de humor perverso», unha das poucas obras literarias estritamente humorísticas coas que conta o galego. A súa produción vai desde contos para rapaces («O informe do empregado Mendes» ou «Martín Coutinho en busca do sol») a unha novela erótica de forte tintura sadomasoquista («Ni junio en París»), que el define como «un exercicio de estilo»; desde unha divertidísima sátira («Hay que matar a los padres») á tráxica novela negra «O ollo pecho», que obtivo excelentes críticas no seu momento. É autor, igualmente, da peza teatral «Comedia», na que se basea a curtametraxe «Sálvame!», galardoada con máis de cincuenta premios en festivais nacionais e internacionais.