Autor/a
Lea Tobery
Lea Tobery criouse en Alburquerque (EEUU). Ten 29 anos. Graduouse en Saúde e Servizos Sociais na New México State University. O seu interese polo máis alá e a súa paixón pola lectura das novelas de amor clásicas levouna a escribir Resurrección (Xerais 2011) a súa primeira novela e Vapor (Xerais 2014). Entusiásmalle contar historias sobre fenómenos paranormais, pasar as horas mortas polas librarías e ler no seu sofá preferido acompañada polos seus dous gatos. Na actualidade, por motivos laborais do seu marido, que é axente literario, reside temporalmente en Roma.
En febreiro de 2014, Pere Tobaruela desvelou a utilización de Lea Tobery como un dos seus heterónimos.