Leticia Barbadillo Vázquez (A Coruña, 1983) estudou Comunicación Audiovisual porque quería ser guionista. Hai uns anos, reconduciu a súa carreira cara ao ensino
e traballa como mestra de Educación Infantil na escola pública. Nai de tres fillos, participou nos blogs colectivos «Se o vello Simbad tivese fillos» e «Sobre as cousas».
«A botella de lentellas», Premio Merlín de Literatura 2023, é a súa primeira obra publicada, á que segue «Timbrol e a pega (e os demais)» (Xerais, 2026).
Libros de Leticia Barbadillo
Timbrol e a pega (e os demais)
A botella de lentellas
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos