Autor/a
Luís Gonçales Blasco ''Foz''
Luís Gonçales Blasco «Foz» (Foz, 1941) é profesor de Lingua e literatura. A comezos da década de 1960 contacta co Grupo Brais Pinto en Madrid e en 1964 convértese nun dos membros fundadores da UPG. En 1968 pasa á clandestinidade e acaba por se exiliar en París, onde traballa na editorial Ruedo Ibérico e se licencia en Linguística Xeral. Pouco despois do seu regreso a Galicia en 1977, móvese na órbita do independentismo: participa na creación do Partido Galego do Proletariado, de Galiza Ceive, da primeira Frente Popular Galega, da Assembleia do Povo Unido... Na actualidade milita en Cerna e é membro da súa Coordenadora Nacional.
Membro da AGAL e académico da Academia Galega da Língua Portuguesa, publicou traballos de lingua, literatura e historia política en «Agália» e noutras revistas. É autor do libro «A política e a organizaçom exterior da UPG (1964-1986)» (2012) e de «A UPG em Portugal e alguma coisa mais» (2022). Ademais, sobre Celso Emilio Ferreiro publicou os artigos «Anotaçons a propósito da UPG e do papel de C. E. Ferreiro e outros» e «Vida e obra de Emílio Ferreiro Miguez». «Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego» (Xerais, 2023) é a súa primeira obra na colección Crónica.