Autor/a
Lupe Gómez
Lupe Gómez (Fisteus, 1972), poeta, narradora e xornalista. Colaborou en «A Nosa Terra» e «Galicia Hoxe». Publicou libros de poesía como «Pornografía» (1995), «Camuflaxe» (2017), «Caracois de Belvís» (2020) ou «Montaña Ioga» (2022). Obtivo, entre outros, os premios Johán Carballeira, Premio da Crítica, Miguel González Garcés e Fiz Vergara Vilariño. É autora da narración autobiográfica «Fisteus era un mundo» (2001) e do epistolario «Fosforescencias» (2019). Con «Salón de Té» (Xerais, 2023) gañou o XI Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. Recentemente foi nomeada embaixadora do Concello de Curtis. Foto da autora: Arxina