Autor/a
Margarita Ledo
Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951). Doutora en Ciencias da Información. Profesora da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago. Xornalista. Foi a primeira directora de A Nosa Terra. Creou diferentes proxectos de revistas: Escrita, Festa da palabra silenciada, A trabe de ouro. Como ensaísta publicou: Prensa e galeguismo (1982); Foto-Xoc e xornalismo en crise (1988); O diario post-televisivo (1992); Documentalismo fotográfico contemporáneo (Xerais 1995). Os seus primeiros libros foron os poemarios: Parolar cun eu, nun intre, cun inseuto (1970) e O corvo érguese cedo (1973), ós que lle seguiu Linguas mortas. Serial radiófonico (1989), con fotografías de Ana Turbau. Como narradora ten publicado: Mamá-Fe (Xerais 1983), relatos; Trasalba ou Violeta e o militar morto (Xerais 1985), novela; «Vía Durruti, ano trinta e seis», no volume Caderno de viaxe (Xerais 1989); «Interior do mundo», en Sede Central. Relatos 2 (1990); Porta blindada (Xerais 1990), novela; «Renda do muro» en Contos eróticos / elas (Xerais 1990).