Autor/a
María do Cebreiro
María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) publicou os libros de poemas "O estadio do espello" (Xerais 1999); "(nós, as inadaptadas)" (2001); "Non queres que o poema te coñeza" (2004); "Os hemisferios" (2006); a escolma "Objetos perdidos" (2007), en versión galego-castelá; "Cuarto de outono" (2008); "Non son de aquí" (Xerais 2009); "A guerra", con Daniel Salgado (2012); "Os inocentes" (2014); "O deserto" (2015), Premio da Crítica Española ao mellor poemario en lingua galega; "A lentitude" (2017) e "Soños. Arquivos. Cartas" (Xerais 2018). "Non son de aquí" foi traducido ao inglés por Helena Miguélez-Carballeira en Shearsman Books (2011). En colaboración con Xosé Carlos Hidalgo Lomba, deseñador gráfico d' "O deserto", editou os libros de artista "Poemas históricos" (2010) e "O grupo" (2012). Con Ismael Ramos deu ao prelo o diálogo poético "A ferida" (2013).