Autor/a
María Marco
María Marco (Vigo, 1979) é licenciada en Humanidades e doutora en Belas Artes cunha tese sobre a escritura na práctica artística contemporánea. Na actualidade compaxina a crítica de arte co comisariado de exposicións e colabora habitualmente no suplemento «El Cultural» do xornal «El Mundo» e na revista «Tempos Novos», entre outros medios. «Coidadora» (Xerais, 2021), Premio Xerais de Novela 2020, é a súa primeira novela.
(Foto da autora: Manuel G. Vicente)