Traductor/a
María Xesús Bello Rivas
María Xesús Bello Rivas licenciouse en Filoloxía Hispánica-Galego Portugués na Universidade de Santiago en 1993. Presentou a súa tesiña cun traballo de teoría da tradución co exemplo da "Primera Crónica General de España" e a súa tradución ao galego. Traballou como lectora de español nas universidades de Paderborn e Tübingen (na actualidade) e foi, ademais, asistente da cátedra de Lingúística Románica na Universidade de Jena. Traballou en Marketing (eBay / Berlín) e mais no Fraunhofer Institut (ISE) de Freiburg. Como tradutora do alemán para o galego publicou "Reckless. Carne de pedra" (Xerais 2010) e ''Reckless. Vida nas sombras'' (Xerais 2013) de Cornelia Funke, autora da que é unha das mellores coñecedoras no ámbito hispánico.