Autor/a
Miguel Moreira Barbeito
Miguel Moreira Barbeito é doutor en Filoloxía coa especialidade de Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela, onde colaborou con varios proxectos de investigación da área de Lingüística xeral centrados na catalogación das linguas do mundo desde unha perspectiva sociolingüisticamente informada.
Conta con varias publicacións froito da súa participación en congresos internacionais e cursos de verán, como «A idoneidade da interpretación individual dos dereitos lingüísticos», na Universidade da Coruña, «Derechos lingüísticos: ¿individuales o colectivos?», na Universidade de Valladolid, ou «Elecciones lingüísticas individuales orientadas colectivamente», na Universidade de Zaragoza.
Traballou como docente en cursos de galego e español para persoas estranxeiras e tamén en cursos en liña sobre o tratamento da diversidade lingüística nas aulas. No eido editorial colaborou na elaboración dun manual de Lingua galega e literatura para bacharelato, e no ámbito xornalístico desempeñou labores de corrector lingüístico.