Autor/a
Moncha Prieto
Moncha Prieto (Gundivós, Sober, 1951) viviu en Barcelona dende os quince anos até 1995, cando regresa definitivamente a Galicia. Foi secretaria do Centro Galego de Barcelona e colaborou con diversas asociacións e revistas literarias, como «Alborada» ou «Lúa Nova». Participou nos libros colectivos «Voz e Voto», de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, e «Vivir en presente». De 1985 a 1995 dedicouse ao mundo da radio: puxo en antena o programa «Galicia máis cerca» e foi compoñente do magazine matinal «Bonico» en Radio Gramenet. Neste eido, potenciou o nacemento e presidiu ERGAC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya); foi correspondente de Radio Progreso de Miami, sección noticias; e participou en Radio Exterior da Radio Galega.
No ámbito literario, conseguiu varios premios de poesía, de relato e de escritura creativa. «Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra» é a súa primeira obra en Xerais.