Autor/a
Narciso de Gabriel
Narciso de Gabriel é catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña e autor de diversas publicacións. Entre os seus libros figuran Escolantes e escolas de ferrado (Xerais, 2001, Premio María Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica), Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX (2006, Premio Concepción Arenal) e 25 anos de UDC. A Universidade na Coruña e Ferrol (2015). Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.