Autor/a
Pablo Nogueira
Pablo Nogueira (O Carballiño, 1987) medra entre as páxinas dos contos, os debuxos animados do Xabarín Club e o rock and roll que resoa nos cuartos dos seus irmáns maiores. Estuda Maxisterio, Psicopedagoxía e un máster de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario. O seu primeiro conto publicado foi «Nube Branca quere ser astronauta» (2018), ao que seguiron «A banda de Raimunda» (2019), «Nube Branca e o pingüín Valentín» (2020) e «Nube Branca no camiño» (2021). Publicou ademais dúas novelas curtas para o público adulto: «Banda Sonora Orixinal» (2019), gañadora do IV Certame Balbino de Relatos, e «Música para os días de inverno» (2020). En 2021 gaña o XVIII Premio Pura e Dora Vázquez de narrativa infantil e xuvenil con «O club de coleccionistas de selos» e, en 2022, o VI Premio Agustín Fernández Paz coa novela «Ringo. Memorias dun coello fedello» (Xerais, 2023). Na súa faceta musical, é baixista na banda de rock Susie Q´s e no proxecto instrumental Acuario Sonoro. Actualmente exerce de mestre no ensino público.