Autor/a
Paulo González Ogando
Paulo González Ogando (Pontevedra, 1982) é profesor de secundaria e imparte clases de Matemáticas en Bueu. Afeccionado á lectura de obras de divulgación científica, a súa paixón pola popularización das matemáticas levouno a escribir este libro. No seu blog http://compaseregra.blogspot.com leva compartidas máis de duascentas construcións dinámicas elaboradas seguindo as normas clásicas da xeometría con regra e compás.