Autor/a
Pedro Rodríguez Villar
Pedro Rodríguez Villar (Nigrán, 1996) é neto de Lano, un home de mar que non sabe ler nin escribir e que conta as mellores historias do mundo. Co seu exemplo, e grazas ao esforzo dos seus pais, el tamén pode soñar con contar historias. Vive entre o xornalismo, o teatro, o cinema e os libros, e xa gañou varios premios literarios, entre eles, o Xuventude Crea 2023 de Novela Curta por «Alén da néboa». O seu primeiro libro publicado foi «O amor das pedras» (2021).