Autor/a
Roque Cameselle
Roque Cameselle (Vigo, 1981) é escritor e director de cine. Licenciado en Comunicación Audiovisual, imparte clases de guión cinematográfico e é crítico de cine de Faro de Vigo. Dirixiu as curtametraxes Memoria indesexable (1998), A moza do último (1998), Soldados sen fortuna (2000) e Amor a Mantis (2003). En 2011 estreou a película de animación The Little Wizard. O mago Dubidoso, que significou o seu debut como director de longametraxes. O filme está baseado na novela Bieito Dubidoso (Xerais 2003, 2015) e foi distribuído por Xerais, acompañando o álbum ilustrado O pequeno mago (Xerais, 2014). Como autor de narrativa breve, publicou o libro de relatos O Pausiñas (2001) e como guionista escribiu Na luz freada da tarde (2001), A Gilda chamábanlle Leonor (2002) e Meu xeneral, o asasino foi o mar (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións. Dende 1997 obtivo numerosos premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta.