Autor/a
Sara Vila Alonso
Sara Vila Alonso (As Neves, 1989) é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.
En 2019 foi recoñecida co segundo premio Comunicar en Igualdade 2019 polo artigo «O noso toque de queda».
Como autora literaria, en 2016 logrou o primeiro premio no Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela por «Adeus, María». Publicou a súa primeira novela, «Oito días sen Eva Cortes», tras gañar o Premio Illa Nova de Narrativa 2021. Coa súa segunda novela, «O incendio» (Xerais, 2024), conseguiu o XLII Premio Eduardo Blanco Amor.
Fotografía da autora: Beatriz Císcar.