Autor/a
Teresa Calo Fontán
Teresa Calo Fontán, filla de emigrantes galegos, naceu en Donostia e alí comezou a desenvolver a súa actividade profesional. Aínda que tamén traballa no mundo do cine e televisión, basicamente é unha muller de teatro. Profesora e fundadora do TAE (Taller de Artes Escénicas de Donostia).
Actriz de teatro ("Agur Eire Agur", "Mephisto", "Flaminio", "Todas Culpables", "Nacidos Culpables", "El amigo de John Wayne", "La mano del emigrante" -adaptación de A man dos paíños de Manuel Rivas-), actriz de televisión ("A ze parea", "Goenkale", "Ciudad Sur", "Hospital Central"...) e en cine ("Cita con Alberto" curta coa que obtivo premios á mellor interpretación nos festivais de Elche e Alfax del Pi, "Una semana en el Parque", "Entre todas las mujeres", "Esos cielos", "Omertá", "La máquina de pintar nubes" e "Izarren Argia"...).
Como autora teatral, participou nos espectáculos "Sex Simbols" e "Ataque Verbal" e escribiu as obras "Ay, Manolo" (Premio Serantes de teatro 2003; "Un millón de mujeres"; "Entre líneas"; "Mentiras", "El día en que inventé tu nombre", co que obtén o Premio de Teatro Ciudad de San Sebastián e "Marketing. Mujeres en crisis" polo que recibe o premio de teatro breve Luis Barahona de Soto.
Realizou adaptacións e traducións de obras teatrais, e, ao tempo, traballa como guionista de cine ("Esa maldita pared" e "La luz con el tiempo dentro") e televisión.
Marta ante o espello (Xerais, 2011), é a súa primeira incursión na litertara xuvenil.