Autor/a
Ursula Heinze
Ursula Heinze (Colonia, Alemaña, 1941). Licenciada en Filoloxía Xermánica. Trasladouse a Galicia no ano 1968. Foi presidenta do P.E.N. Clube Galego. Colaboradora da Radio Galega e de O Correo Galego. Como narradora publicou as novelas: O soño perdido de Elvira M. (Xerais 1981); Anaiansi (1989); Culpable de asasinato (Xerais 1993), Premio Blanco Amor e Premio Lousada Diéguez de creación; os libros de relatos: Remuíños en coiro (Xerais 1984), Confidencias (1992), Rodolfo (1992), Polas rúas de Padrón (1994); e os libros de entrevistas: Arredor da muller en 18 mundos (Xerais 1985), Mulleres (Xerais 1991).
Para o público infantil publicou: O buzón dos nenos (1985); Sempre Cristina (Xerais 1986); A casa abandonada (Xerais 1987), Premio Merlín 1986; Máis alá de Galicia (1989); Xente coma min (1989); A nena de ouro (Xerais 1991); Viaxe estraña (1991); O monstro (1992); Nace un campión (1992); O invento (1993); Quérote (1994).
Como ensaísta publicou: As chamadas linguas e literaturas minoritarias (1991), Literatura galega contemporánea (1993), Fronteiras da Alofonía, do alemán ó galego (1993). Realizou diversas traduccións, como As galiñas do vento (Xerais 2000), obra poética de Gunter Grass, recibindo o Premio Ramón Cabanillas (1991) pola versión para o galego do libro de Michael Ende, O ponche dos desexos Como poeta publicou Torso (2002), poemas en alemán e galego.