Autor/a
Wenceslao Fernández Flórez
Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña, 1885, Madrid, 1964) acadou os cumes da popularidade publicando moreas de artigos, crónicas, contos, narracións, ensaios, traducións e novelas en xornais, revistas e libros, amais de escribir guións cinematográficos, a maior parte en castelán. Ademais dalgunhas obras escritas orixinalmente en galego, como A miña muller (1922), ten traducida a nosa lingua por Xela Arias unha das súas máis importantes novelas O bosque animado.