Autor/a
X. Antón Dobao
Antón Dobao (Lugo, 1963). Licenciado en Filoloxía Galega. Lingüista da TVG, director e guionista de ficción audiovisual. É membro do Comité de Redacción da revista «A Trabe de Ouro» dende a súa fundación. Traduciu ao galego obras de George Orwell, Antoni Marí, J. D. Salinger, Paul Auster, Carles Bellsolà ou Sergi Pàmies. Como poeta, publicou «Desde o teito da noite» (Xerais, 1987), «Caderno dos dereitos e das horas» (1994), «O tempo entre murallas» (Xerais, 1997), «Materia» (Xerais, 2005), «Onde o ollar comeza a doer» (2007) e participou no libro colectivo «Xuro que nunca volverei pasar fame», da asociación Redes Escarlata. En narrativa, publicou os libros de relatos «Incertos» (Xerais, 2008), «As ilusións estrañas» (2014) e «O tigre na boca do lagarto» (Xerais, 2024). Como director cinematográfico, pódense destacar, entre outras, obras como «A Mariñeira» (2007), «O Club da Calceta» (2008) ou «Sinbad» (2011).