Autor/a
Xabier López López
Xabier López López (Bergondo, 1974) reside en Betanzos desde hai dúas décadas. A súa primeira novela foi Biff, Bang, Pow! (1997). No ámbito infantil e xuvenil publicou tamén A vella quenlla perde os dentes (2005), Cando Artur non era rei (2012) e Son un can! (2013). Como narrador para adultos deuse a coñecer con Doutor Deus (1999), á que seguiron O caderno (2001, Premio Risco de Literatura Fantástica), O mono no espello (2002, Premio Lueiro de Novela Curta), A estraña estrela (2003), A vida que nos mata (2003, Premio García Barros e Premio da Crítica Española), Trinta e dous dentes (2007), 1989 (2013) e Cadeas (Premio Xerais 2013). A súa obra está traducida ao castelán e portugués.