Autor/a
Xandra Táboas Martínez
Xandra Táboas Martínez (Vigo, 1982) é creadora, crítica e investigadora escénica. As súas creacións, nas que emprega elementos como poesía, instalación ou artes do movemento e de acción, en conexión coa fotografía performativa e a videocreación, oriéntanse cara a unha perspectiva transversal e inclusiva de xénero, política e social, comunitaria e horizontal.