Autor/a
Xerardo Agrafoxo
Xerardo Agrafoxo (1952, Noia) é licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia e doutor en Prehistoria. No ámbito da arqueoloxía e da historia escribiu as obras Prehistoria e Arqueoloxía da Terra da Barbanza (1986); Noia: Unha vila histórica (1987); 400 anos na historia de Noia (1991); A Segunda República en Lousame e Noia (1993); 1936: A Guerra Civil en Lousame e Noia (Testemuñas dunha represión) (1995); 1937: A Guerra Civil en Lousame e Noia (O fusilamento de David Mariño Ramos) (1997); e 1938/1939: A Guerra Civil en Lousame e Noia (O triple crime de Marselle. A traxedia do Baleares) (1999); Memorias do Franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002); Crónicas dunha democracia (A transición política en Noia. Os dous mandatos de Díaz Fornas) (2006); A revolta nacionalista (A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González); Noia no cambio de século (2008) e Quen matou o Cantino? O 36 no concello de Noia (Xerais, 2013). Sobre didáctica da historia publicou Didáctica da prehistoria de Galicia (1992); Didáctica da historia antiga e medieval de Galicia (1993); Didáctica da historia moderna de Galicia (1993); e Didáctica da historia contemporánea de Galicia (1997). Ademais é autor de Biografía de María Mariño (2007), María Mariño: Retrato dunha vida (2007); O triángulo de Oscar Wilde (2003), relatos eróticos; Unha viaxe no Ford T (Premio García Barros, 2004), novela; e O violinista de Malá Strana (2008), novela.