Autor/a
Xesús L. Balboa López
Xesús L. Balboa López (Sarria, Lugo, 1960) especializouse na historia agraria de Galicia e doutorouse coa tese ``O monte en Galicia´´ (Xerais, 1990). Mereceu a calificación de sobresaliente cum laude e foi dirixida polo profesor Ramón Villares. O Tribunal que o examinou salientaba a aportación ó coñecemento do monte como realidade histórica e económica de profunda significación na ordenación social e especialmente agraria de Galicia.
Xesús Balboa, que realizou varias estancias en centros de investigación de París, é na actualidade profesor de Historia de España na Universidade de Bretaña (Rennes, 2).