Autor/a
Xoán Bernárdez Vilar
Nacido en Marín en 1936, aos sete anos trasládase a Vigo. Estuda Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En 1957 convértese en Auxiliar Administrativo da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, hoxe Caixanova. Máis tarde, entre 1990 e 1995, realizou a carreira de Xeografía, Arte e Historia na Universidade de Vigo.
Colaborou no programa de radio Raíz e Tempo (primeiro programa en galego despois da Guerra Civil) de La Voz de Vigo (1965-1975), continuou en Radio Ecca, tamén como guionista histórico. Dirixiu dúas revistas, Galicia Social e Latexo.
Foi asesor histórico da serie da TVG Terras de Merlín, e publicou en múltiples revistas como a do Instituto de Estudos Miñoranos, Encrucillada, Agalia, etc. Publicou tamén contos. É tradutor de galego, castelán, portugués, italiano, francés, inglés, e latín. Actualmente traballa na súa Tese de Doutoramento sobre A Fachada Atlántica europea na Antigüidade a través da 'Ora Maritima' de Rufo Festo Avieno.
Dende o 22 de febreiro do ano 2003 é Académico Correspondente da Real Academia Galega.
O 11 de xullo de 2011 defendeu en Ourense a súa tese de doutoramento, obtendo a cualificación de sobresaínte, polo que dende esa data é doutor en Xeografía, Arte e Historia pola Universidade de Vigo.
Obras Principais:
Narrativa
· Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña, 1976.
· ¡Ouveade, naves de Tarsish, 1983.
· Homo sapiens, 1984.
· Vento do norte, Vento do sul, 1985.
· No ano do cometa, 1987.
· ¡Xerusalén, Xerusalén!, 1992.
· Big-Bang, 1996.
· A saga da illa sen noite, 2001.
Ensaio
· Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno, 1990.
· Xeografía do mito de Tristán e Iseu, 2000.
· Antes da invención de América. As descubertas precolombinas do século XV, 2001.
· A arte ó servicio do poder. Alexandre-Augusto, 2001.
· A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile, 2003.
· O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma, 2003.
· O rei Artur: Mito e realidade, 2005.
Teatro
· O valedor do reino, 2002, edición dixital.
Obras colectivas
· Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996.
· Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, 2008.
Premios
· 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1968, por A nau do lonxano país.
· 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1969, por O neno que soñou cunha illa.
· Premio do Padroado da Cultura Galega de Montevideo en 1976 por Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña.
· Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro en 1983, por Homo sapiens.
· Premio Galicia de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela no 1984, por Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno.
· Premio Casa Galicia de León en 1984, por Vento do norte, Vento do sul.
· Premio Xerais en 1986, por No ano do cometa.
· Premio Concello de Vilalba en 1993, por Big-Bang.
· Premio Concello de Vilalba en 1999, por A saga da illa sen noite.
· Premio de teatro da Universidade de Vigo no 2002, por O valedor do reino.
· Premio Taboada Chivite do Concello de Verín no 2003, por A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile.
· Premio de Historia Medieval da editorial Toxosoutos de Noia e finalista do Premio Antonio Fraguas do Concello de Cotobade en 2002, por O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma.
· Premio Ramón Piñeiro de Santiago de Compostela no 2004, pola tradución de Idacio Lémico: Chronica (379-469).
· Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo no 2003, por Chronica Hermerici.
· Finalista do Premio Ramón Piñeiro da Editorial Galaxia en 2005, por O rei Artur: Mito e realidade.