Autor/a
Xohán Casal
Casal Pardo, Xohán Ignacio (A Coruña 1935 - 1960) Escritor. Realizou estudios de comercio na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. En 1954 escribiu un artigo sobre Rosalía de Castro no xornal El Ideal Gallego, único texto que o escritor viu publicado en vida. Incluído na Nova Narrativa Galega, entre 1957 e 1958 escribiu as novelas inacabadas ``Un traxe aldeán´´ e ``Os profetas´´, actívidade que compaxinou coa elaboración de ensaios sobre literatura, historia e arte. En 1959 escribiu os contos ``O Rei´´, ``Cristo morto´´, ``O regreso´´, ``O falar dun sapo´´ e ``Conto en poucas verbas´´. Os seus contos recompiláronse postumamente no volume ``O camiño de abaixo´´, publicado en 1970 por Reimundo Patiño e prologado por Méndez Ferrín, do que sairía en 1985 unha edición facsimilar na que se incluíron tres novas narracións inéditas e un epílogo de
Reimundo Patiño titulado ``Escritos no tempo polo que levo viaxado durante estes tres meses´´.