Autor/a
Xosé Alexandre Cribeiro
Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez (Pontevedra, 1936-1995), desenvolveu unha actividade feraz no xornalismo audiovisual e sempre se sentiu abraiado polo cine. Ademais, foi un afervoado militante cultural que se iniciou no grupo Brais Pinto, e tamén político, na procura dunha díficil síntese entre o PCE e o nacionalismo galego de esquerdas. A súa obra poética, encadrada na denominada Xeración das Festas Minervais, recolle os libros "Indo pra máis perto" (1979), onde reedita o esgotado "Acoitelado na espera" (1960) e o premiado e inédito "Doente na espranza" (1962), xunto a novos textos; e o póstumo "A señardade no puño" (1996). A súa obra poética foi reeditada, en edición de Miro Villar, no volume "Indo para máis perto". "A señardade no puño" (Xerais 2004).