Xosé Luís Axeitos (Asados, Rianxo, 1945), catedrático e membro da real Academia Galega, considérase debedor do maxisterio do profesor Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ó século XVIII, coeditando as cartas do P. Sobreira e a obra de Cornide, Descripción del Reino de Galicia.
No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luis Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Axeitos tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia, tanto dende a perspectiva artística como dende o punto;de vista das artes gráficas e a súa función nas culturas periféricas. É autor da biografía "Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía" (Xerais, 2017).
Libros de Xosé Luís Axeitos Agrelo
Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos