Autor/a
Xosé Luís Vázquez Somoza
Xosé Luís Vázquez Somoza (Zolle, Guntín, 1961) é Doutor en Lingüística Galega pola USC e profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1987, centro no que tamén desempeñou o cargo de director.
Foi galardoado con distintos premios como o IX Certame de Narracións Breves Manuel Murguía -ex aequo con Xosé Carlos Caneiro-, o IX Certame de Narración Curta en galego Ánxel Fole; o X Premio de Narración Curta Concello de Marín ou o 1º accésit no XXVIII Certame Nacional galego de Narracións breves Modesto Rodríguez Figueiredo, entre outros.
Ademais de ensaios sobre Rosalía de Castro (1987) e Ramón Piñeiro (2009), publicou a obra Nube de seda na Lúa e outros relatos, e colaborou en numerosas obras colectivas como Paisaxes con palabras (2001), De soños e memorias (2003), Premios Pedrón de Ouro (2001 ao 2005), Terras de Chamoso (2014) ou Isidro Novo (2019).