Autor/a
Xurxo Alonso
Xurxo Alonso (Buenos Aires, 1956) é licenciado en Bioloxía, pintor e poeta. Como poeta é autor de nove libros e recibiu, entre outros premios, o Avelina Valladares, o Johán Carballeira, o Francisco Añón, o Bouza-Brey, o Concello de Carral, o Cidade de Ourense, o Díaz Castro, o Torre de Caldaloba e o Lueiro Rey. Como pintor realizou máis de setenta exposicións individuais, e obtivo premios como a Bienal Cidade de Pamplona, Bienal de Pontevedra, Premio Gredos e Bienal Eixo Atlántico.