Logo Xerais

Info autor/a

Raña Lama, Román

(enviar correo)

Román Raña (Vigo, 1960). Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa. Profesor de Lingua e Literatura galegas en Vigo. Membro do consello de redacción do Faro das Culturas. Ten publicado como ensaísta a edición crítica de De catro a catro e outros textos de Manuel Antonio (Xerais 1989); Mesteres de Arcadio López Casanova (Xerais 1999); Manual e escolma do Rexurdimento; A vixilia no Gólgota infinito. As liñas temáticas de Lanza de soledá, Premio literario Ánxel Fole; e A noite nas palabras. Unha aproximación á poesía galega de posguerra (1995). Como poeta Retrato de sombra en outono (1981), Premio Celso Emilio Ferreiro, 1980; Nas areas doutro mar (1984), Premio Cidade de Ourense; Extramuros da noite (1985); Da muda primavera (1987), Premio Esquío. Como narrador "Botella náufraga" (1980) e "O último hexagrama»" (1985), finalista e primeiro Premio do Pedrón de Ouro; e a novela O crime da rúa da moeda vella (Xerais 1989), Premio Blanco Amor.

As súas obras como autor/a