Logo Xerais

Info autor/a

Lopo, Antón

(enviar correo)

Baixo distintos nomes, Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) desenvolve unha exploración poética que o aproximou ás latitudes da performance, do teatro e da acción. Actualmente dirixe a editorial Chan da Pólvora. Deuse a coñecer a finais dos anos oitenta con "Sucios e desexados", libro de poemas ao que seguiron, entre outros, "Manual de masoquistas" (1991), "Om" (1997), "Pronomes" (1998), "Fálame" (2004) ou "Libro dos amados" (2005). Nos últimos anos, indagou na oralidade e na poesía física con "Prestidixitador" (Teatro Galán, 2001), "Accións" (Galería Trinta, 2003), "Dentro" (Casa da Parra, 2005) e "Lampíricos" (Galería Dispara, 2012), propostas onde a escrita deu paso a outros soportes poéticos como fotografía, vídeo, instalación ou memoria. Como novelista, publicou "As reliquias" (Xerais, 1991), "Ganga" (Xerais, 2001) ou "Obediencia" (2010), Premio Garcia Barros. Tamén cultivou o ensaio, a tradución e a biografía. A peza dramática "Os homes só contan até tres" (Xerais, 2005) valeulle o Premio Álvaro Cunqueiro e o poemario "Corpo" (Xerais, 2018), o VI Premio de poesía Manuel Lueiro Rey

As súas obras como autor/a