Lueiro Rey, Manuel
(enviar correo)Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes 1916-O Grove 1990) estivo sempre comprometido coas ideas democráticas e militou clandestinamente no Partido Comunista. Desenvolveu unha abondosa produción literaria iniciada en 1950. En 1966 consegue o Premio Ciudad de Oviedo con Manso, novela que se publicará censurada en España, traducida Ãntegra ao galego en 1996. En 1968 editouse en Buenos Aires Vicente y el otro, e a partir de entón publicou, entre outros, La noche espera el alba (1971), Un tempo de sol a sol (1971), Non debÃan medrar (1974, Xerais 2016), Escolma ferida (1977), O sol na crista do galo (1982, Xerais 2003), Crónica de una transición intransigente (1985) ou Nova escolma ferida (1988). Postumamente publicáronse, entre outros, Camino de sueños (1992), Memoria de la raÃz de las casas (1992) ou Derradeira escolma ferida (Xerais 2003), asà como o libro O Grove: canción do sal e do vento (Xerais 2005).